Logotipo Abanca o loro do derbi Abanca - Sen ti, o derbi só sería un partido de fútbol
Xaula do loro no bar

O loro do derbi

Este ano o derbi ten un protagonista co que se cadra ninguén contaba! A gaiola do bar de Sabela ten un novo inquilino que se debate entre o celeste e o branquiazul.

Queres aprenderlle a pronunciar un impecable FORZA DEPOR! ou prefires que repita ALA CELTA! sen cesar?

ENTRA!

Pai do Celta abrazando ao seu fillo do Dépor

Imposible sen ti

Hai rivalidades que son tan fondas coma os corazóns que as impulsan. Somos os que construímos co noso esforzo. Os homes, as mulleres e os países. E hai esforzos que non se entenden sen un rival ó que se enfrontar.

O Celta e o Dépor, o Dépor e o Celta, son parte da historia que nos ten traído ata aquí. Ningún dos dous sería o mesmo sen a existencia do outro.

Cando un deles toca o ceo, cando un deles baixa ó inferno, sabe sempre que o destino lle dará axiña unha segunda oportunidade. Máis pronto ou máis tarde volveranse a ver as caras en Vigo, ou na Coruña para seguir construíndo, xuntos, unha historia que contar.

A historia

Mónica leva máis de trinta anos vendo o derbi no bar de Sabela, unha inseparable amiga coa que compartiu a súa infancia en Mondoñedo. Desde que vive en Vigo coa súa familia sabe a onde ten que volver nas que para ela son as datas máis especiais do ano.

Mónica e Sabela comparten o que para elas é o estadio máis grande, feito de centos de recordos. Pero nesta ocasión no bar de Sabela faltará un leal espectador que nos seus case cen anos vivira todos e cada un dos derbis entre Depor e Celta...

Máis sobre o spot

Pai do Dépor falando co seu fillo do Celta
Actores galegos xogando o derbi dos artistiñas

#oderbidosartistiñas

O mesmo día en que o derbi se xoga, tamén haberá un partido moi diferente. As caras máis coñecidas da televisión e a cultura en Galicia, cada un deles vestido coas cores de Deportivo ou Celta, xuntaranse con xogadores veteráns dos dous equipos nun divertido encontro poucas horas antes da gran cita.

#oderbidosartistiñas en Twitter

As outras campañas

Anxo o pai de Roque ten que marchar a traballar ao mar na noite do derbi. Os dous despídense cunha sentida conversa. Xa á noite falan durante o descanso do partido e comentan as xogadas máis polémicas.

Máis sobre o spot

Roque abraza ao seu pai cando Anxo chega a porto. Nesta conversación entre pai e fillo ponse en cuestión unha evidencia: sen un deles dous e da súa paixón, o derbi só sería un partido de fútbol.

Máis sobre o spot

Din que nos levamos coma cans e gatos... Pois non! Levámonos moito peor. Tocamos o ceo e caemos no inferno, pero os dous... Victorias e derrotas, alegrías e fracasos. Pero oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido!

Máis sobre o spot

Os afeccionados do Celta e do Depor teñen moito en común: paixón polo fútbol e pola vida. Percorren miles de quilómetros para animar ao seu equipo. Son capaces de facer o imposible. Hai outro partido que xogamos en común, doando sangue e salvando vidas.

Máis sobre o spot

Este sitio web utiliza cookies para facilitar e mellorar a túa navegación. Queres saber máis? Entendido!